Centro Cultura Popular Xaquin Lorenzo

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra

REVISTA RAIGAME NÚM 40

O número 40 da Revista Raigame, que foi presentada a principios de maio, homenaxea ao escritor ourensán Carlos Casares, sumándose así á celebración do día das Letras Galegas, que neste ano 2017 se lle dedica ao prolífico autor de obras tan emblemáticas como Ilustrísima, Xoguetes para un tempo prohibido, Vento ferido ou A galiña azul.

Nesta ocasión, a revista realizouse coa colaboración especial de Gustavo Adolfo Garrido e a Fundación Carlos Casares, Miguel Valverde Juncal, Ángela Villar Fandiño e Mª Isabel Almuíña González, e contou cos artigos de 18 autores: Alba Cid, Malores villanueva, Carmen Mejía, María López Sández, Laura Piñeiro Pais, Patricia Arias Chachero, Gustavo A. Garrido, Alfonso Vázquez-Monxardín, Pilar Sampedro, Inma López Silva, Luis González Tosar, Ana Luna Alonso, Iolanda Galanes, Lasse Söderberg, Miguel A. Fernández, Chus Martínez Domínguez, Manuel Janeiro, Miguel Valverde Juncal e o debuxante Siro que deseñou a portada para a ocasión.

Estes autores, procedentes do campo da docencia (secundaria e universitaria), escritores de poesía, narrativa e ensaistas, críticos de cine e de arte, deseñadores gráficos, fan nos seus artigos un repaso pola vida de Carlos Casares, a súa obra literaria, o seu traballo na editorial Galaxia, a súa relación co cine e coas artes plásticas, etc., logrando así unha publicación que ofrece unha ampla e completa visión do autor ourensán e que ten como peche unha exhaustiva bibliografía.