Centro Cultura Popular Xaquin Lorenzo

  • Aumentar o tamaño da letra
  • Tamaño de letra por defecto
  • Disminiur o tamaño da letra
CCP Xaquín Lorenzo

ESCOLA DE DANZA: ACTUACIÓNS 2019

A Escola Provincial de Danza-Castro Floxo, está a preparar as últimas actuacións do ano 2019. O próximo 7 de Decembro celebrará o seu habitual Festival de Nadal e pendente de concretar as datas, ten previsto nese mesmo mes participar en diferentes festivais de Cantos de Janeiras en diversas localidades de Portugal. 

Ao longo do ano 2019, os alumnos da Escola de Danza e do grupo Castro Floxo, realizaron actuacións pola nosa provincia e Lugo (Chantada, festival de canto) e Coruña (Camariñas, Mostra de Danzas Gremiais) e participaron en festivais de Francia (Festival Musichoredanse de Tarare) e Portugal (Festivais de Macieira de Cambra, Passos de Silgueiros e Ferreirim), así como a participación en programas da TVG como Aquí Galicia.

Pinchando nas actuacións 2019, poderán atopar imaxes da participación nas citadas actuacións.

 

REVISTA RAIGAME NÚMS 42 e 43

 

Ao longo do ano 2019 presentáronse dous novos números da Revista Raigame, o Raigame 42 correspondente a Decembro de 2018 e o Raigame 43, Maio de 2019. O primeiro deles está dedicado á fotografía antiga, ambulante e de carácter etnográfico e antropolóxico. A través de diferentes artigos de autrores como X. Carlos Sierra, César Llana, Director do Museo Etnolóxico de Ribadaviadas, Rafael Salgado, Carlos Castelao, Nives Amado, Antonio Piñeiro, X. M. Rodríguez Gustavo Docampo, Alexander de los Ríos, e Edelmiro Martínez, dáse unha visión do que a fotografía aporta á etnografía e antropoloxía como documento gráfico dun tempo pasadoas mediante as obras de diferentes fotógrafos de finais do S. XIX e primeira metade do XX, uns de renombre e outros totalmente descoñecidos, que desenrolaron o seu traballo na cidade de Ourense, nas súas vilas ou no rural da nosa provincia.

O segundo trata integramente sobre Antonio Franguas, homenaxeado no Día das Letras Galegas do ano 2019. As diferentes facetas deste home imprescindible na cultura do S. XX do noso país, está desglosada nos artigos de Clodio González, Alfonso Vázquez, Francisco Calo, Manuel Vilar, Hermina Pernas, Adolfo de Abel, Mª. Xosé Enríquez, X. Ramón Fandiño e Rosa Mª. Méndez, quen nos fan un relato da súa biografía e os seus traballos nos campos da arqueoloxía, antropoloxía, xeografía, etnografía, pedagoxía...

 

“CENTRO DE CULTURA POPULAR XAQUÍN LORENZO”

Antecedentes

O Centro de Cultura Popular “Xaquín Lorenzo Fernández” foi creado no ano 2004, ano no que se lle dedicou o Día das Letras Galegas ao insigne etnógrafo ourensán Xaquín Lorenzo Fernández. O Centro de Cultura Popular naceu a partires dunha transformación da Escola Provincial de Danza da Deputación de Ourense. 

A Escola Provincial de Danza, dende a súa creación en 1984, viña desenrolando unha intensa actividade no eido da música e da danza popular. Paralelamente a este labor pedagóxico, estaba desenrolando unha serie de actividades de investigación e difusión da nosa cultura popular, seguindo a traxectoria comezada no seu día polo Colectivo Cultural Castro Floxo que como é ben sabido comezara a súa andaina a finais dos anos 70 asesorado por D. Xaquín Lorenzo.

Ler máis...